Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Antonio Fernández propón legalizar a escola taller

Antonio Fernández propón legalizar a escola taller

Correo-e Imprimir PDF
A.M. La Voz de Galicia

O portavoz de Unión Centrista de Nigrán, Antonio Fernández, propón nunha moción ao próximo pleno a modificación das normas urbanísticas para evitar a derriba e ceder parte do edificio á asociación de veciños Dunas de Nigrán.

Tanto Giráldez como o concelleiro de Urbanismo, o socialista Juan González, apuntan que o concello vai cumprir a orde de derriba porque se trata dunha construción ilegal. "Cambiar as normas sería moi inxusto para os veciños que se ven na obriga de derrubar obras ilegais nas súas propiedades", argumenta González. 

A Consellería de Política Territorial declarou ilegalizable o edificio da escola de cerámica que foi construído polo propio Concello nun solar non edificable xunto á nova sede da policía local de Nigrán.

Estas obras motivaron unha denuncia dos veciños da contorna e que o anterior rexedor, Alfredo Rodríguez Millares, o tenente alcalde Antonio Fernández e o concellal de vías e obras Jose Comesaña, tiveran que render contas ante os tribunais, a pesar de non estar xa vinculados co Concello de Nigrán.

A Consellería de Política Territorial deu orde o pasado verán ao concello de demoler o edificio ao tratarse dunha construción ilegal. O inmoble foi levantado nun terreo de protección forestal polo anterior equipo de goberno, encabezado polo popular Alfredo Rodríguez. A pesar de ver intencionalidade na infracción, a Fiscalía solicitou a pasada semana o sobresemento do ex alcalde e dos edís Antonio Fernández e José Comesaña, posto que non ve suficientes indicios do delito contra a ordenación do territorio polo que estaban imputados inicialmente.

Alegacións 

O anterior goberno local alegou que o edificio se construíu nun espazo protexido debido a un erro á hora de interpretar a ordenanza que se aplica no solar, xa que pensaron que se trataba dunha zona destinada á promoción de equipamentos públicos.

 

Falta de espazos públicos

A redución do espazo limita a actividade da escola, segundo os manifestantes. "En Cotros non nos caben dous fornos, oito tornos, varios fregaderos e andeis para case sesenta alumnos. Necesitamos unha sala para pintar cun compresor que precisa ventilación, así como un espazo para almacenar o barro e o material de elaboración dos esmaltes. Teñen que atopar unha localización máis adecuada", explicaban onte durante a protesta.


Pero o goberno local carece de máis alternativas ou de orzamento para construír unha nova nave. Giráldez asegura que a escola de Cotros é o único espazo público do que dispón e que os operarios traballan ás alancadas para que estea lista canto antes co fin de evitar que a escola de cerámica deixe de funcionar temporalmente. Así mesmo, recorda que outras escolas municipais como a de música ou a de pintura funcionan en locais públicos e privados prestados. 

Maís información La Voz de Galicia  Faro de Vigo