Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O mar, protagonista en Nigrán

O mar, protagonista en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
O mar será o protagonista este sábado no concello de Nigrán. O centro antena en Panxón, acollerá a exposición fotográfica: “O medio costeiro e mariño de Nigrán. Onte e hoxe” de Lautaro Mateo- Pola contra, os máis cativos poderá disfrutar dun obradoiro de fabricación de acuarios no centro Cultural das Angustias.

O horario de visita da exposición será de mércores a domingo de 17 a 21h.

Obradoiro de fabricación de acuarios para os nen@s

Dentro do Programa Xogando en Nigrán: “O Fondo do Mar” que organiza a Concellería de Educación, encabezada por Mª Estela Pérez, este sábado 27 de outubro no Centro Cultural das Angustias un obradoiro os máis cativos poderán disfrutar e aprender a contruir o seu propio acuario. Os nenos e nenas que queiras asistir deberán levar unha caixa pouco máis grande que unha de zapatos, area, palillos e papel transparente de cor azul ou verde auga. Os máis avanzados e puntillistas poderán darlle o toque final ahcegando as súas propias cunchas de moluscos.

O obradoiro celebrarase dende ás 11h ás 13h da mañá. Non é necesario realizar nengún tipo inscripción.

 

Axenda de Actividades

  1. SABADO 6 DE OUTUBRO: Obradoiro de móviles Colgantes. Os nenos/as traerán caixas duras ou paus de brocheta e fíos. Centro Cultural de “a Carrasca” (11-13horas)
  2. SABADO 20 DE OUTUBRO:Obradoiro de fabricación de Acuarios. Os nenos/as traerán unha caixa un poco máis grande que a de zapatos, area, palillos e papel transparente de cor azul ou verde auga. Poderán traer conchas de moluscos. Centro Cultural As Angustias  (11-13horas)
  3. SABADO 3 DE NOVEMBRO: Visita ao Grove con saÍda en barco dende o peirao. Visitaranse as bateas onde se lles amosarán vieiras, ostras e mexilóns. Percorrido en barco de visión panorámica pola ría de Arousa para ver os peixes da costa.
  4. SABADO 17 DE NOVEMBRO: Obradoiro de Murais mariños. Os nenos/as traerán unha cartulina e area. Centro Cultural A Camoesa (11-13horas)
  5. SABADO 1 DE DECEMBRO:Obradoiro de Redes de pesca. Os nenos/as traerán unha bolsa de malla (como as que veñen coas laranxas) e fío. Poderán traer cunchas de moluscos. Centro Cultural de Panxón (11-13horas)
  6. SABADO 15 DE DECEMBRO: Visita ao porto de Panxón.
  7. SEGUNDA QUINCENA DE DECEMBRO: Exposición dos traballos feitos polos nenos/as nos distintos obradoiros sobre o mar e reportaxe fotográfico das excursións.