O Concello de Nigrán convoca seis postos de voluntariado de patrimonio e medioambiente.
O novo goberno de Nigrán están previstas varias actuacións importantes tanto no medio ambiente como na recuperación patrimonial no concello. Unha delas xa está en marcha, como é a posta en valor do patrimonio natural, cultural e etnográfico de Chandebrito.
Un proxecto dirixido pola historiadora arqueóloga Rosa Villar Quinteiro.
A convocatoria está aberta a toda a xente que teña interese polo patrimonio cultural e medioambiental e teña interese en recibir formación ao respecto. (Restauración e conservación, o coidado da súa contorna).
A actividade inicial deste grupo de voluntariado será participar nas tarefas de recuperación integral do río Muiños, dende o seu nacemento en Chandebrito ata a súa desembocadura en Praia América.
O proxecto estará dirixido por varios arqueólogos e biólogos, permitindo aos voluntarios adentrarse no mundo da recuperación patrimonial e paisaxística para ampliar os seus coñecementos e gozar dos prezados tesouros da cultura e súa paisaxe.
Para máis información poden dirixirse ao teléfono 986.383081 e preguntar pola coordinadora Marga Elespp
ou ao enderezo de correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo