Salvemos Monteferro e varios veciños da comarca, presentaron sendas alegacións contra as obras e a legalización da antena de telefónica móbil de retevisión (Orange) que se pretendía colocar en Navás, preto do campo de Condominguez. Un litixio que abriron os veciños fai tres ano ao rechazar a súa ubicación por estar preto das casas.
Salvemos Monteferro expón pola contra a ilegalidade que supón a colocación da antena no referente ao patrimonio arqueolóxico presente neste enclave privilexiado.
Segundo o colectivo, o expediente da referida licencia consultado nas oficinas de urbanismo do concello de Nigrán non aporta información sobre o trazado de abastecemento eléctrico aéreo construído por e para á antena de telefonía móbil, ambas obras en relevantes terreos rurais e forestais.
O outro punto de alegación refírese a “caseta prefabricada” como as instalacións para o abastecemento eléctrico, levántanse sen ningún tipo de protección forestal nin de respecto polos Bens de Interese Cultural do lugar. Cítase o código que ten cada un dos petroglifos inmediatos ás obras segundo nº da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia: GA36035042, GA36035040, GA36035041, GA36035037, GA36035043 e GA36035045. 3.
Advirten que na mesma chan localízase a mámoa, GA36035027, o último megálito que fica sen destruír en Priegue, a única das moitas que houbo nesta freguesía miñorana ate non fai moito.
Nas inmediacións da antena e do trazado eléctrico aéreo, construído con postes de formigón monte arriba, existen outros petroglifos prehistóricos: GA36035200, GA36035036, GA36035025, GA36035026, GA36035038, GA36035039, GA36035040, GA36035030 e GA36035031 máis unha ducia doutros por catalogar ós que tamén se lle afecta negativamente.
Denuncian que entre a documentación en exposición pública tampouco consta estudio algún de impacto medioambiental cando as obras de electrificación atravesan monte alto e as instalacións da antena están a destacar sobre a, ate agora, uniforme masa forestal dos Outeiros, dos esquecidos Outeiros dos Abrigheiros, ás abas do Maúxo que dende Sanomedio dominan Nigrán.
Nº: Expediente: 05/0399 U
Actividade pretendida: Antena de telefonía
mobil.
Emprazamento: A Chan Grande. Navas-Priegue
(Nigrán).
Interesado/a: Retevisión Móvil, SA (AMENA),
agora France Telecom España SA.
Trámite: Información pública.
Nº 150 — Viernes 3 agosto 2007 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA
Norma reguladora: Art. 30.2, a) do Regulamento
de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas
do 30 de novembro de 1961 e 86 da lei 30/1992.
Prazo: vinte días.
Segundo se prevee na normativa aplicable ó
procedemento correspondente, durante o prazo sinalado,
calquera persoa poderá examina-lo expediente
que se cita, nas dependencias municipais
durante o horario de oficina e presentar, no seu
caso, as alegacións que considere oportunas.
Nigrán, 11 de xullo de 2007.—O aldalde-presidente,
Efrén Juanes Rodríguez. 2007007294