Rouban un ordenador na oficina de Turismo de Nigrán

Imprimir
Oficina de turismo de Nigrán en Gaifar
Os feitos ocorreron presumiblemente na noite do domingo para o luns na oficina de información turística que posúe o concello de Nigrán sita en Gaifar. O sistema de peche e a falta de dispositivo de alarma facilitaron o roubo.

Os operarios de turismo percatáronse da falta do equipo informático e o puxeron en coñecemento da policía local de Nigrán.

Fontes do concello sinalan como posible causa da fácil sustración o feito de que a oficina careza de ningún dispositivo de alarma e que o sistema de peche consista só nun pasador sobre os paneis de cristal que conforman a entrada.