Martes, 14 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán Poñen en marcha contenedores soterrados despois de ano e medio da súaa colocaci

Poñen en marcha contenedores soterrados despois de ano e medio da súaa colocaci

Correo-e Imprimir PDF
Despois dun ano e medio en que os contedores soterrados de Panxón quedaron fora de servicio, de novo volven entrar en funcionamento. O Concelleiro encargado da limpeza viaria Cándido Costas esixíu da empresa concesioneria da recollida do lixo, CESPA S.A., que dispuxera da maquinaria necesaria para repoñer o servicio destes contedores. Esta área de contedores deixara de funcionar a raíz do incendio sufrido nas instalacións de CESPA  que dispón en Vilariño. A maquinaria empregada para estes contedores queimouse e non se repuxo ata hoxe. Dende entón este punto foi motivo de moitas queixas polos veciños que denunciaron a presencia de lixo nos contedores sen valeirar ano e medio. Os actuais depósitos de vidro, os únicos que estaban abertos eran empregados para verter todo tipo de residuos o que producía mal cheiro e constituía un problema de saúde pública.