Nigrán recolle o lixo de Baiona e A Guarda

Imprimir
O concello pretende cobrar un novo imposto por recollida de podas, que xa está contemplado e incluído nas condicións do contrato coa actual concesionaria CESPA S.A.

A asociación de veciños de Nigrán solicitan ao concello que sancione con 30.000 euros a CESPA por incumprimento reiterado do contrato por faltas graves, e inmdemnización aos veciños da parte proporcional polos servizos pagados e non prestados.

O informe de estado dos areais de 80 praias feito pola OCU o ano pasado menciona o areal de Nigrán como un dos máis suxos.

A asociación chama aos veciños e veciñas de Nigrán para que acudan ao próximo pleno do venres ás 12 para pedir explicacións e depuración de responsabilidades.

Outra vez parecen ser os veciños de Nigrán os que realmente levan as riendas do concello e velan polos intereses e dereitos dos mesmos dada a falta de xestión demostrada polo actual goberno do Partido Popular e PIN capitaneados por Alfredo Rodríguez.

A asociación de veciños de Dunas de Nigrán denunciou onte as irregularidades graves detectadas no servizo municipal de recollida de lixo de Nigrán, que incumplen frontalmente moitas das cláusulas do contrato coa empresa concesionaria do servizo CESPA S.A. e que poden ser constituidos como delitos de fraude.

O goberno do PP de Nigrán pretende levar a pleno ordinario do venres a aprobación dun novo imposto de recollida de podas; servizo que xa estaba incluído nas tasas que pagan os veciños de Nigrán e que CESPA leva incumplindo dende anos. 

 Descargar documento da ordeanza fiscal por recollida de podas

A policía local de Nigrán leva meses facendo garda diante dos contenedores municipais en coches de incógnito apuntando as matrículas dos coches dos usuarios que deixaban podas no contenedor. Posteriormente estes veciños eran denunciados por sorpresa.

Ditas denuncias poderían constituir un delito xa que a recollida de podas está xa contemplada como un servizo que debería realizar a concesionaria CESPA polo cal os veciños de Nigrán pagan anualmente.

O informe presentado pola Asociación de Veciños de Nigrán pon en evidencia a xestión feita polo concello de Nigrán e en concreto da concellalía de Novas Infraestructuras e Servicios Urbanos que antes dirixía Antonio Fernádez (PIN) e agora asumio o propio alcalde de Nigrán, ao detectar graves deficiencias no cumprimento do servizo de recollida do lixo que non están sendo auditadas e controladas polos responsables municipais pese a ser evidentes e mesmo denunciadas por varios veciños reiteradamente.

As irregularidades en Nigrán


A Asociación de veciños no seu escrito denuncia que estase a levar a cabo a recollida de lixo nos concellos de Baiona e a Guarda por parte do personal e vehículos, nalgúns casos rotulados co escudo e nome do concello de Nigrán, que so deberían realizar as súas tarefas no Concello de Nigrán. Este feito, segundo denuncia a asociación de veciños, supón ou ben un custe adicional a pagar polo Concello de Nigrán ou ben unha merma do personal e medios adicados ó Concello de Nigrán por desenvolver a súa tarefa fora do concello. Ademáis a masa de lixo recollida nestes Concellos limítrofes factúrase como propia do Concello de Nigrán, o que produce un encarecemento do servicio para os veciños deste Concello.

O servicio de recollida do lixo prestado ós Concellos de Baiona e A Guarda vense realizando dende o mes de xullo de 2006 todas as semáns, principalmente os sábados e por distintos traballadores do personal de CESPA S.A. en Nigrán. 

Asi mesmo a asociación de veciños denuncia: a ubicación dos contenedores nas beirarúas e paradas de autobuses, o incumprimeto dos desbroces das marxes dos viais públicos, o icumprimento da obriga de limpeza mensual das praias fóra da época estival, o icumprimento do lavado e desinfección dos contenedores, o incumprimento dos horarios e frecuencias de recollida de inertes, o incumprimento da realización de campañas informativas, o incumprimento da identificación de todos os vehículos e materiais de limpieza do concello, o incumprimento dos sistemas de vixiancia e control anual mediante enquisas, a inexistencia dun punto limpo onde triturar os restos vexetais e os residuos altemante contaminantes (que agora mesmo o concello está tirando nun vertedoiro improvisado e ilegal nunha finca en Vilariño que mesmo foi denunciado perante o Seprona), ou o cómputo dos restos vexetais como residuos urbanos incrementando o recibo anual por tonelaxe de rsu.

 Descargar o informe completo realizado pola asociación de veciños Dunas de Nigrán.  (PDF)

Algo que o concello coñecía dende o verán

O concello de Nigrán, e en particular a concellalía de Medio Ambiente dirixida pola popular Ana Ríal e o propio Alcalde de Nigrán coñecían algunhas das deficiencias en materia de limpeza reflexadas no informe das asociacións de veciños.
Un veciño de Praia América alertou á concellala ante as graves deficiencias de limpeza que presentaban o entorno e areais de praia América na época estival do pasado ano 2006.

Así nun correo remitido no mes de xuño de 2006 por Ana Ríal en contestación ao informe da revista OCU (organización de Consumidores y Usuarios) de tirada e expansión nacional remitido por este veciño de Nigrán, argumentába que  "nuestro máximo interés es que las playas del término municipal presenten la máxima limpieza posible, para ello se limpia la arena todos los días, hay rotulos de prohibición de animales sueltos y se ha publicado diversos bandos" .

Este mesmo veciño remitu posteriormente imaxes que verificaban a súa información (ver imaxes final da noticia), nas que se podían observar o estado de limpieza de praia América, improvisadas papeleiras no mesmo lugar, xardins cheos de papeis e plásticos caidos pola pouca capacidade das papeleiras, etc...

Durante a época do verán de 2006 os montóns de lixo estaban sendo acumulados na mesma praia, ao lado mesmo dos bañistas, e mesmo permaneceron e foron incrementando día a día durante xullo e agosto do mesmo ano.

Os rotulos de diversas prohibicións ("animales sueltos", instalación de cadeiras ou mesas de tesoura, de mesas para comer, etc.) foron arrincados e non repostos, ademáis de que nengun axente do Concello exixiu o cumprimiento das normas que o propio concello prohibe, segundo denunciaba este veciño perante a concellería de Medio Ambiente.
 
Este veciño, é un asiduo veraneante de Madrid que leva preto de 60 anos desfrutando o seu preiodo vacacional en Nigrán. A súa denuncia e mesmo contrastada, como así asegura, "por la colonia de veraneantes asiduos como yo y vecinos de Nigran, amigos desde mi infancia, me han corroborado la veracidad de estas deficiencias, que nos duelen ya que todos amamos de verdad esa zona y desearíamos que no solo se pare este deterioro del entorno, sino que se preserve y se mejore."

Este veciño tamén trasladou a súa preocupación ao alcalde de Nigrán Alfredo Rodríguez en xuño do 2006 que negou a veracidade das connotacións negativas do informe da OCU.

 Descargar informe de la revista OCU, "Playas de Aguas limpias" (PDF)


O problema do lixo exténdese a todos os concellos da comarca.

O BNG de Gondomar solicitaba fai uns meses a posta en marcha do punto limpo que leva un ano rematado e que non está sendo utilizado.
Baiona presentaba este verán un acuciante problema limpeza nas súas rúas e contenedores, acentuado nos barrios fora do casco vello de Baiona. Os restos de mariscos, peixes e comidas dos resturantes de Baiona arrecendían dun cheiro nauseabundo as noites de verán enxurrando as rúas do casco histórico da vila turística.
As praias como Ladeira perdían a bandeira azul e os seus areias estaban cheos de papeis provintes principalmente da actividade do camping de Baiona.
Os contenedores dos barrios de Sabarís seguen estando rotos, suxos e son insuficientes pese as reiteradas solicitudes dos veciños.
Nos concellos do baixo Miño, o BNG de Oia denunciaba o incumplimento do contrato do servizo municipal de recollida. 

En imaxes

 Vertedeiro en Vilariño Merendeiro do Monte Castelo Xaneiro 2007 Lixo acumulado en Praia América no verán 2006
   
 Camión matrícula PO-5005-BM realizando tarefas de recollida de RS no porto do Concello de Baiona Camión matrícula PO-5005-BM realizando tarefas de recollida de RS no porto do Concello de Baiona Operario de Nigrán realizando tarefas de recollida de RS no porto do Concello de Baiona
   
 Camión matrícula PO-5005-BM realizando tarefas de recollida de RS no Concello de A Guarda Operario de Nigrán realizando tarefas de recollida de RS no Concello de A Guarda Contenedor na Avda Bernardo Vázquez instalado directamente sobre a beirarúa, dificultando o tránsito dos peóns e discapacitados.
  
 Malezas invadindo o mobiliario urbán. Marquesina de Prado, carretera pola vía.   Roda de camión convertida en papeleira en Praia América. Papeis e plásticos esparcidos na contorna polo vento. 
   
   
   

Baiona tamén sofre as consecuencias dun servizo deficiente

 Os inertes e os contenedores nas beirarúas de Sabarís. O contenedores ateigados e insuficientes.  Restos de podas inertes en Sabarís Restos de podas inertes en Sabarís
   
 Contenedores suxos, rotos e insuficientes. Lixo ocupando o 100% da beirarúa en Sabarís. Restos Contenedor de reciclaxe de papel ocupando a totalidade da beirarúa.
   
 
 Os contendores son isuficientes, o lixo acumúlase na rúa proliferando a presenza de gatos e cans que esparcen o contido, así como rondas de ratas.  Restos de podas e intertes en Viso de Calvos. O cartel municipal do fondo ten tapada a hora e días de recollida de podas. 



Outros titulares relacionados
 O BNG de Oia denuncia o incumprimento do contrato na recollida do lixo
 Acrexoval denuncia un vertedoiro ilegal en Nigrán
 Baiona segue sen servizo de recollida do lixo
 Os presupostos de Nigrán medrarán un 8,5% e superarán os 20 millóns
 O BNG súmase ás protestas contra a suba do IBI e o lixo en Nigrán
 Cerca de 250 vecinos recurren la subida de impuestos en Nigrán
 O goberno municipal de Nigrán incumple a súa promesa electoral e sube o imposto do lixo