Mércores, 4 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Manifestación e disturbios perante o Concello de Nigrán

Manifestación e disturbios perante o Concello de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe Antena 3 TV

16:00 PM O pleno queda suspendido sinedie.
O pleno de Nigrán quedou suspendido sinedie.
Os manifestantes que ainda agardaban a saida dos concellais, acaban de dar por rematada a manifestación advertindo que volverán se o goberno municipal non busca un consenso cos veciños e atende as súas peticións.

Segundo indican os portavoces, o alclade Alfredo Millarés so mentes aceptará as suxerencias dos veciños no periodo de alegacións unha vez estea feita a aprobación inicial do PXOM. Nunca antes.
Sen embargo os representantes veciñais lémbranlle que pola contra si foron admitidas as modificacións presentadas polo seu compañeiro de goberno o PIN.

Escoltados
Segundo indican as mesmas fontes, 3 concellais do actual goberno municipal decidiron non dar o voto afirmativo ao PXOM e sairon do consistorio baixo abucheos e unha choiva de obxectos.

O resto da corporación municipal apostados na planta primeira do edificio, foron saindo una a un escoltados por efectivos da garda civil e foron trasladados en furgóns policiais.

O goberno munipal en declaración aos medio acusan aos partidos da oposición de provocar esta situación, calificando o acto de vandalismo e antidemocrático. 

Carga policial no interior
Algúns veciños tachan de abusiva a carga policial producida no interior do concello aos manifestantes que conseguiron atravesar a barreira policial. Una rapaza afirma que botánrolle o gas lacrimóxeno mesmo diante da cara e que afectoulle seriamente aos ollos e a gorxa. 

Os incidentes provocaron, polo menos, catro feridos de carácter leve: un veciño, un Gardia Civil, e dous policías locais, que tivieron que ser atendidos nun centro médico das contusións e magulladuras provocadas polos golpes e pedras.

Asi mesmo moitos veciños e veciñas piden explicacións de porque motivo foron filmados pola garda civil con cámaras de video sen o seu consentimento cando a súa situación era sómentes presencial.


Coacción
A concentración diante do concello mesmo serviu de toma de contacto entres os veciños e veciñas do municipio. Veciños que non se coñecían e que non dubidaron en cada un comentar a súa afectación polo plan.
Unha veciña de Camos comentaba entre os presentes "teño unha leira de 10.000 metros en camos e estes ladróns non deixan aos meus fillos que poidan facer unha casa e van ter que marchar de Nigrán e mercar un piso"
Outra veciña de Chandebrito chegaba máis lonxe nas súas declaracións dicindo que "a nos en Chandebirto estános a coaccionar a que non nos opoñamos ao PXOM, porque ameazan en cuprir as sentenzas de derrube e denuncias fronte a moitas casas que foron construidas xa fai máis de dez anos e que presentan irregularidades urbanísticas. Dinnos que temos que aproban o PXOM e o non impedir o Campo de Golf se queremos concervas as casas".

Anécdotas.
Os veciños alí apresentados fixeron mesmo unha colecta de cartos para enviar unha coroa de frores ó presidente do PIN, Avelino Fernandez.

En declaracións dos presentes, mesmo remataron coas existencias de ovos e tomates na frutería "Froitas Vilar" situada fronte ao concello.



13:46 PM Os manifestantes seguen apostados diante do Concello.

13:46 PM Os manifestantes seguen apostados diante do Concello.

 

A información segue chegando confusa debido ao balbordo xerado, e ao nerviosismo da xente.
Os veciños e veciñas de Nigrán seguen apostados fronte o Concello en sinal de protesta, para impedir que se celebre o pleno municipal para a aprobación inicial do PXOM.

Numerosos danos materiais
Finalmente os desperfectos en mobiliario e cristais no Concello de Nigrán son considerables a mais da cantidade de ovos estampados na fachada.  Ainda non existe unha cifra oficial dos danos.
Visiblemente foron estragadas as cristaleiras da sala de plenos, a dos pasillos principais e as portas de entrada ao Concello.
Segundo informan, a recepción do concello tamén veuse afectada con posibles danos no mobiliario.
Agora mesmo os veciños teñen prendida unha fogueira diante do concello con material sacados da secretaría, algúns planos, e mesmo a pancarta do PIN sobre a reunión informativa do PXOM colocada nunha das farolas no cruce da estrada comarcal, foron queimadas.

O ambiente segue sendo tenso entre os manifestantes pero sen incidentes suliñables.
A garda civil segue protexendo o consistorio e os ocupantes que ainda se atopan dentro impedindo o acceso.
A actividade do concello foi hoxe paralizada por completo, deixando unha imaxe xamais recordada neste municipio.
Segue sen haber un comunicado oficial nin por parte do goberno municpal, nin por parte dos grupos da oposición dos feitos ocorridos hoxe.

 




11:35 AM  O pleno de aprobación inicial do PXOM foi suspendido

Os veciños e veciñas de Nigrán seguen diante do concello facendo presión para que non se celebre o pleno.
Segundo informan os portavoces veciñais, o pleno foi suspendido pero advírten á xente que pode ser convocado novamente ao largo da mañán, por iso piden á xente que non marche para as súas casas.
Os integrantes dos grupos da oposición sairon do Concello para sumarse aos manifestantes agardando a nova convocatoria ao pleno.
Os úncicos grupos que aindan están dentro do consistorio son o PP eo PIN, a colación de goberno municipal que pretender celebrar o pleno para aprobación inicial do PXOM, xa que contan cos seus votos maioritarios para o fin.

Segundo informan as fontes, os concellais PP e PIN acudiron hoxe mais cedo que nunca aos seus postos de traballo. As 7:00 da mañán xa estaban dentro do concello por medo a ser increpados polo xentío.
A garda civil segue impedindo o paso ao consistorio, apostados nas escaleiras de entrada e subida á primeira planta.
O sol comeza a pegar con forza na Plaza da Constitución, pero a xente négase a levantar a garda e prosegen facendo ruido armados de cacerolas, potes e silbatos.
Dada a cantidade de efectivos da garda civil fronte ao concello, non se descarta que os concellais do Partido Popular e Pastido Independiente de Nigrán teñan que sair escoltados por ditos efectivos.




10:26 AM Continúa a movilización diante do Concello de Nigrán.
A inda que a información segue chegando confusa dado o grande balbordo perante o Concello de Nigrán, segundo as fontes no lugar o motivo da rotura dos cristais foi por mor da orde dada polo concello de impedir a entrada ao Consistorio.
Os portavoces das asociacións foron chamados polo alcalde para trasmitirlle que "Este plan vaise aprobar hoxe, e niguén o vai a impedir, e que non hai nada que consensuar cos grupos veciñais porque as alegacións e modificacións ao  PXOM faranse despois. O PXOM actual non vai ser modificado un ápice e vai ser levado así a pleno."
O portavoz dos veciños, informa que o alcalde de Nigrán prosegue a súa actitude "inflexible" e "provocadora" e chama aos manifestantes a entrar no concello para impedir este pleno.

Asi mesmo no pleno, aprobouse por maioría cos votos do PP e PIN a celebración a portas pechadas. E agochados nun dos despachos do concello.
Os portavoces do BNG e PSoE piden que o pleno sexa aplazado e que debe celebrarse con consenso entre todas as forzas politicas e veciñais.
Os manifestantes volveron a tentar entrar no concello para impedir a celebración do pleno e que se teña en conta as súas alegacións, fronte a un PXOM que segundo informan é totalmente restrictivo co desenvolvemento nas zonas rurais de Nigrán, e que pretende contruir vivendas privadas en chan público.

A garda civil, está presente na manifestación, pero segue manténdose ao marxe. Continúan chegando máis efectivos das forzas de actuación especial, pero so mentes pasan a súa actividade en blindar a entrada de acceso ao concello.
Continúa lanzando gases lacrímóxenos para impedir á entrada ao Concello. 
Xente magullada na liorta non duda en presentar denuncias pola actuación  e quéixanse de picores nas gorxas fronte a mare desmesurada de humo lanzado.
Comezan a chegar máis efectivos da garda civil.
O griterío, ruido de cacerolas é constante diante do Concello.
O grupos de veciños afirman que isto non tería que pasar se o Concello escoitase aos cidadáns e cidadás de Nigrán, algo que veñen reclamando dialogadamente dende fai meses.




9:00 AM Ultima Hora dende o Concello de Nigrán (Pontevedra)


Os manifestantes convocados hoxe ás 8:30 para protestar contra a aprobación inicial do PXOM de Nigrán, emprenderon a pedradas contra todas as cristaleiras do Concello de Nigrán, dado o impedimento do concello a que asistiran ao pleno, xa que segundo argumentaban, o foro estaba completo na sala plenaria.
Os veciños intentaron entrar polas ventás, e aos serén pechadas, romperon os cristais e forcexearon coa policía para poder entrar.


Cirstais rotos, tomates, patacas, ovos, pedras.... Unha mare de obxectos á entrada ao pleno no que se pretende dar a aprobación inicial a un polémico PXOM que se apresenta con moita polémica dada a discriminación ao desenvolvemento no rural.

A ambiente diante do concello e a desesperación da xente, chocou de fronte ante as provocacións de alguns concellais nestes días a non escoitar as peticións da xente e continuar cun plan que segundo indican responde a intereses particulares.

Os manifestantes acaban de entrar no concello de Nigrán e foron desaloxados con gases lacrimóxenos.
As forzas da garda civil comezan a chegar ao Concello para intentar disolver a manifestación.
Os manifestantes seguen tentando entrar no concello, pero os sprays lacrimóxenos están a impedir o acceso.

Segundo fontes no lugar, o concellal do PsOE Manuel Doldan puido quedar ferido por mor dun golpe nunha oleada de obxectos lanzados contra o Concello de Nigrán. 

 A Voz de Galicia - Unha avalancha de veciños obriga a suspender un pleno en Nigrán sobre o PXOM
Telecinco Noticias - Vecinos de Nigrán irrumpen violentamente en el Ayuntamiento para ...
Terra España - La Guardia Civil carga contra vecinos de Nigrán (Pontevedra) para ...
Diario de Navarra - Vecinos de Nigrán (Pontevedra) interrumpen el pleno para ...
Hispanidad - La Guardia Civil escolta el Ayuntamiento de Nigrán (Pontevedra) ...
El correo Gallego - La Guardia Civil escolta el Concello de Nigrán ante los ...