Apicultores ofrecen charla informativa sobre a Vespa Velutina en Gondomar

Imprimir
frelon1 1

A charla celebrarase o próximo domingo día 25 as 11.00h, no Centro Neural-Xefatura de Policía de Gondomar sendo a entrada de balde e aberta a tódalas persoas interesadas.

Falarase sobre o que compre saber sobre a vida e comportamento da vespa velutina Nigrotorax, cales son os colectivos afectados, a elaboración e colocación de  trampas e eliminación de niños.

O programa que vai a seguirse é o seguinte:

●             O que compre saber sobre a vida e comportamento da vespa velutina Nigrotorax.

●             O avespón asiático unha ameaza real. Colectivos afectados.

●             Como comportarse ante a presenza da V.Velutina.

●             Vixianza e control, colocación de trampas para capturar raíñas fundadoras na primavera, eliminación de niños no verán e outono, quen deberá facer esta labor.

●             Demostración de elaboración de trampas e atraentes para capturar raíñas fundadoras.

O programa STOP Velutina, que leva a cabo AGA, Asociación Galega de Apicultura e as súas delegacións, comprende varias actividades que consisten basicamente en charlas informativas nos concellos máis afectados e na colocación de trampas para capturar raíñas fundadoras nas zonas onde está presente esta avespa e así evitar o maior número posible de niños para o verán.