A concellaría de Medio Ambiente de Gondomar promove a reciclaxe nos colexios do municipio.

Imprimir
jimena

Durante esta semana e a anterior fixéronse charlas orientadas ao fomento do reciclaxe dirixidas a nenos e nenas entre 8 e 12 anos dos catro colexios do término municipal (>400 en total)

As charlas foron organizadas e impartidas por un técnico de formación de Grupo Soil, empresa xestora do Punto Limpo do municipio que tamén presta o servizo de recollida selectiva de envases lixeiros no Concello, en colaboración da Concellería de Medio Ambiente, Mobilidade e Sanidade, dirixida por Jimena Varela

O Punto Limpo ubícase en Vincios. O horario de funcionamento é de L a V de 16 a 19 horas e venres e sábados de 10 a 14

As charlas buscan concienciar aos nenos da importancia que una boa separación dos residuos en orixe ten para a xestión dos residuos, e por ende para o medio ambiente. Outra das finalidades destas charlas é informar de dónde se poden depositar os distintos residuos que xeramos nas nosas casas.