Veciños de Chaín denuncian por terceiro ano consecutivo os vertidos de de “augas negras” á altura da ponte do barrio de A Torre.
Tanto a impureza das augas que verte unha tubaxe que desauga na canle como o cheiro que emite, sobre todo nos días de verán espertan o enfado desta veciñanza.
Engaden que levan anos reclamando ante as autoridades o arranxo destes vertidos sen obter solucións até de agora.