Domingo, 18 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Gondomar O BNG pide ao goberno de Gondomar que apoie as mobilizacións a prol dun “Hospital 100% público”.

O BNG pide ao goberno de Gondomar que apoie as mobilizacións a prol dun “Hospital 100% público”.

Correo-e Imprimir PDF
P1720281.grande

O BNG insta ao goberno municipal de Gondomar a que apoie e promova a participación na manifestación por un Hospital 100% público convocada para o día 3 de setembro
Sinalan que presentaron no Concello de Gondomar, xa hai varias semanas unha moción acordada entre a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PDSP) e distintos grupos municipais con propostas a tal fin.

Esixen demandar da Xunta de Galiza a posta en marcha dun hospital 100% público, para o conxunto da cidadanía da Área Sanitaria de Vigo, con todos os servizos, incluído o Laboratorio Central, e coa capacidade e recursos materiais e humanos suficientes para dar resposta ás necesidades presentes e futuras da nosa área sanitaria.

Demandar das autoridades competentes no transporte, a adopción de medidas que permitan establecer unha rede de transporte público específico para o acceso aos Hospitais da nosa área sanitaria, especialmente ao Novo Hospital. Esta rede ten que garantir un sistema de transporte coordinado e intermodal, máis alá dos concellos onde residan as usuarias e usuarios, sexa na área metropolitana ou fora dela.

Que as Corporacións Municipais apoien a manifestación convocada pola Xunta de Persoal do SERGAS, co apoio de SOS Sanidade Pública, que se celebrará o día 3 de setembro, data na que pechará o Hospital Xeral, ás 8 da tarde desde diante das urxencias do H. Xeral, na rúa Pizarro en Vigo.

Denuncian que nestes días, coa posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro, quedaron patentes as múltiples deficiencias deste servizo así como o nivel de privatización do novo Hospital, con consecuencias importantes para os usuarios e usuarias: "defectos construtivos, malas comunicacións, carencia de servizos... por non falar dos dispendio que lle significa ás persoas usuarias a opción única do aparcamento de pago. Todos estes feitos poñen en evidencia cal é a política sanitaria do Partido Popular e as intencións ocultas na construción deste novo hospital: a privatización dos servizos sanitarios, convertendo a nosa saúde no seu negocio".

Sinalan que o BNG defende "unha sanidade 100% pública e de calidade, por este motivo considera imprescindíbel apoiar a mobilización convocada e reclama do Goberno municipal de Gondomar que así o faga, tal e como se reclama na moción".