Sábado, 5 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Os alcaldes de Vigo e Gondomar instan á Xunta a reformar a lei de area metropolitana "o antes posible"

Os alcaldes de Vigo e Gondomar instan á Xunta a reformar a lei de area metropolitana "o antes posible"

Correo-e Imprimir PDF
paco caballareo

O abastecemento de auga e o transporte metropolitano centraron a reunión mantida entre os alcaldes Abel Caballero (Vigo) e Francisco Ferreira (Gondomar), o pasado venres. Segundo deron coñecer aos medios, acordaron que a lei de área metropolitana debería reformarse o antes posible. Durante o encontro que mantiveron esa mañá, ambos mandatarios coincidiron ao cualificar a reunión de moi "satisfactoria."

Os alcaldes de Vigo e de Gondomar coincidiron na importancia de que a lei de área metropolitana se reforme o antes posible, segundo o espírito do modelo que funciona en Barcelona ou tal e como entrou no Parlamento de Galicia a norma vixente nestes momentos, é dicir, antes de que o PP a modificara durante a súa tramitación, segundo explicou o rexedor vigués.

Durante a reunión que cualificaron de a "extraordinaria" , Abel Caballero e Francisco Ferreira deron conta da necesidade de construír un proxecto conxunto que recolla aspectos como os servizos, proximidade, iniciativas comúns e todo o que implica a construción dunha área metropolitana. "Ambos compartimos ao 100% o proxecto que desde o Concello trasladamos ao presidente da Xunta", dixo Caballero, engadindo que os dous mandatarios tamén avogan por incluír aos concellos do Baixo Miño no ente supramunicipal, tal e como xa solicitou Tomiño no encontro que a alcaldesa mantivo esa mesma semana co rexedor vigués.

A situación do polígono da Paisaxe, o abastecemento de auga para o municipio ou o transporte son algúns dos temas que Caballero e Ferreira comentaron durante o encontro.