Xa están abertas as inscricións para a primeira delas que será o vindeiro martes de agosto ás 17:30 horas. O paseo de aproximadamente unha hora será guiado por persoal da oficina de turismo local. Os interesados en inscribirse deben dirixirse á Oficina de Turismo (Avenida da Feira) ou no Centro de Desenvolvemento Local (colexio vello) de 10 a 14 horas. Tamén no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e nos teléfonos 608048978 ou 616633273. Hai un límite de 40 prazas e a inscrición pecha o luns ás 14 horas. Actividade gratuíta.
As visitas incluirán a contorna e xardíns do antigo pazo construído pola familia Sarmiento de Acuña, fogar do I conde de Gondomar. O punto de encontro será ás 17 horas na cafetería da estación de Autobuses de Gondomar.
As seguintes serán os días 27 e 31 de agosto no horario de 18:30. En ambos os dous casos, as inscricións pechan o día anterior ás 14 horas.