Luns, 26 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Gondomar Cervexas e produtos artesanais centran a oferta gastronómica e cultural de #Gondomar.

Cervexas e produtos artesanais centran a oferta gastronómica e cultural de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
cerveza artesanal-1

Este venres ás 17 horas terá lugar na praza da Alameda a inauguración da II Feira de Cervexa Artesanal que organiza a federación de artesáns en coordinación co Concello de Gondomar.

O evento instalará postos para desgustar variedades de cervexas artesás e especialidades gastronómicas.

A partir do sábado e até o domingo se instalará tamén na vila a III Feira de Artesanía e Mostras de Oficios Tradicionais. O encontro propón obradoiros e demostracións de traballos en cerámica, vidro, madeira, cestería, cantería, ourivaría e zamanqueiría.

Programa día venres
A degustación de cervexas comezará ás 17 horas e no escenario da alameda actuarán actuarán Pinga Teatro (17:30h), A charanga Vak Pinta (19:30h) e o dúo Ameva (21:00). No parque da Coelleira terá lugar o pase da película "Amanecer en Edimburgo", ás 22:30h.

Programa día sábado
Os postos artesáns e gastronómicos abrirán ás 10 da mañá. Na praza da Paradela terá lugar un obradoiro de máscaras ás 17 horas. Ás 18:30 contacontos tamén na Paradela. Na Alameda a partir das 18 horas actuará o grupo de gaitas de Vincios, ás 19h El Patio e ás 21:30 Vak Pinta.

Programa día domingo
Os postos artesáns e gastronómicos abrirán ás 10 da mañá. Dende ás 11 horas pasarrúas dos grupos de Gaitas de Chaín e Morgadáns . Teatro infantil a las 12.30 na Paradela. A partir das 19 horas o Grupo de Gaitas de Baile e Gaitas de Peitieiros actuarán na Alameda e a mesma hora as Pandereteiras de Peitieiros na praza da Paradela. Ás 20 horas TNT en concerto e ás 22:30 pase dun filme infantil na Paradela.