Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Unha noite de vandalismo asolou #Gondomar

Unha noite de vandalismo asolou #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
11846720 1600683110194245 2119150265667634988 n
11056619 1600683293527560 8425137031530861248 n
11887931 1600683086860914 2793129965184086358 n
10984115 1600683376860885 6877631802589551351 n
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

As imaxes, publicadas polo alcalde de Gondomar nas redes presentan un panorama desolador: cadeiras da terraza dunha cafetería nas canles do Miñor, as farolas recentemente colocadas no parque da Coelleira cos cristais desfeitos restos de lixo espallados polas zonas verdes. "Necesitamos maior presenza policial" reclamaba o rexedor socialista Francisco Ferreira. Os feitos tiveron lugar na madrugada do venres pasado, segundo da conta o alcalde.

Ampliar o cadro da policía local tamén é outra necesidade explicitada polo rexedor. Denuncia que a policía local leva unha década sen convocar prazas. Por riba perdeu efectivos, sinala Ferreira, quen fóra xefe do cadro na súa etapa de funcionario no Concello.

Promete intensificar a presenza policial na zona e requirir un maior número de efectivos desatinados no Cuartel de la Guarda Civil do Posto de Gondomar. Pedido que transmitirá a través da Xunta Local de Seguridade coa que está pendente de celebrar co Subdelegado do Goberno en Pontevedra, sinala.

Ao mesmo tempo, Ferreira solicita a colaboración cidadá "para evitar tales feitos e poder perseguilos, dando aviso á Policía Local no teléfono 986 38 91 91 ou directamente al 112. Tamén , facendo a denuncia nas dependencias de As Cercas ou o Cuartel da Guarda Civil.