Mércores, 26 Sep. 2018

Actualizado11:03:00 AM GMT

Estás en Gondomar O alcalde de #Gondomar comprométese a manter os apoios ao programa de acollida aos cativos saharauís

O alcalde de #Gondomar comprométese a manter os apoios ao programa de acollida aos cativos saharauís

Correo-e Imprimir PDF
nenos saharauis

Así o fixo coñecer Henrique Porte, delegado no Val Miñor da ONG Solidariedade galega co pobo saharauí (SOGAPS), tralo encontro mantido a semana pasada co rexedor. A mesma desenvolveuse nunha merenda coas familias de acollida e os nenos e nenas saharauís, na que tamén estivo presente Rocío Cambra, responsable de Benestar Social no actual tripartito que goberna o municipio.

Como o vén facendo tradicionalmente, o Concello de Gondomar colaborou este ano para que unha ducia de menores puideran achegarse ao Val Miñor dende os campamentos de Tinduf no marco do programa " Vacacións en Paz ", coordinado pola SOGAPS. A visita permítelles convivir con outras tantas familias de acollida, nos meses de xullo e agosto, recibir atención médica e a cobertura doutras necesidades.

Segundo unha nota remitida por Hernique Porto, o alcalde Francisco Ferreira reiterou "o compromiso de seguir colaborando neste proxecto humanitario e solidario de atención aos n[email protected] refuxiados en Tinduf, así como a necesidade de dar solución ao problema político do Sahara Occidental".

No mesmo escrito, o representante de SOGAPS agradece ás familias acolledoras e aos responsables políticos do concello de Gondomar polo acto e a colaboración institucional, "como familiar e a atención dos medios de comunicación a este problema da última colonia que fica en África".