Venres, 23 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Gondomar #Gondomar : A orquestra Panorama pechará as festas do Santo en Santa Baia de Donas.

#Gondomar : A orquestra Panorama pechará as festas do Santo en Santa Baia de Donas.

Correo-e Imprimir PDF
orquetra panorama

A parroquia de Donas pechará agosto coas tradicionais festas na honra do "Doce nome de Xesús: O Santo". Xogos pirotécnicos, pasarrúas e verbenas acompañarán os actos relixiosos.

As bandas musicais de Mougás e Belesar animarán as celebracións matinais do sábado e domingo. Os festexos darán comezo o venres 28 e rematarán na noite do luns 31 coa actuación da popular orquestra Panorama.

Programa

Venres 28
A partir das 22 horas dará comezo a Festa da Xuventude coa actuación do Trío Azar e DJ Novo.

Sábado 29
Ás 21:30 horas xogos de artificios e 22:30 verbena coas orquestras Armonía Show e Pontevedra

Domingo 30
Ás 10 horas entradas e pasarrúas en Gondomar da Banda de Música de Mougás e posterior entrada ao recinto de festas de Santa Baia. Ás 20:30 a banda dará un concerto.
Posteriormente, verbena coas orquestras Gran Parada e Principal.

Luns 31
Ás 10 horas entradas e pasarrúas en Gondomar da Banda Agrupación Musical de Belesar e posterior entrada ao recinto de festas de Santa Baia.
Cuñas tradicionais ás 17 horas.
Posteriormente, verbena coas orquestras Panorama e Televisión.