Sábado, 24 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Gondomar #Gondomar : Cursos de Zumba e Ioga aos pés da Serra do Galiñeiro.

#Gondomar : Cursos de Zumba e Ioga aos pés da Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF
galinheiro osalgueiral

Até o vindeiro xoves 20 de agosto hai tempo par inscribirse nas aulas de zumba e ioga que organizará a Asociación Veciñal Galiñeiro de Vincios. Os cursos, a impartirse no Centro Cultural de Vincios, contan cunha subvención da Deputación de Pontevedra e teñen as prazas limitadas. Os interesados deben comunicarse ao teléfono 986469692 de 9 a 13 horas. Tamén a través do enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .


Zumba
O curso de zumba terá lugar os días luns e mércores de 10 a 11 horas. Dará inicio o día 7 de setembro e por un total de 30 horas.

Ioga
Esta actividade desenvolverase os días martes e xoves, de 10 a 11 da mañá. O inicio está programado para o día 8 de setembro , por un total de 30 horas.