Confraternidade policial abre as portas á recuperación da irmandade dos #Gondomar de Galicia e Portugal.

Imprimir
policias gondomares

-Policías de #Gondomar dos dous lados da "raia" viviron unha xornada de confraternidade.

Tamén son "gondomarenses" mais fican na Rexión Norte do Distrito do Porto, onde vixían o municipio de Gondomar, de 133 mil m² e 26 mil habitantes. Este sábado percorreron os próximo a 150 quilómetros que separan a estes dous concellos de igual nome, inda que a cada lado da fronteira para pasar unha xornada de confraternidade cos homónimos galegos.

 

Os recibiu o alcalde Francisco "Paco" Ferreira, que inda que en obvia excedencia, forma parte dos cadros policiais locais. Acompañaron a visita axentes das locais de Vigo e contorna.

Ferreira cualificou o encontro como "magnífico" e afirmou que o encheu de emoción tras receber unha placa que lembra a visita dos pares portugueses. Sinalou que o mesmo abre as portas á recuperación da irmandade que existe entre os dous Gondomar, o de España e o de Portugal.