Domingo, 18 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Gondomar Multas de até 6.000 € para quen faga pintadas ou coloque carteis sen autorización en #Gondomar.

Multas de até 6.000 € para quen faga pintadas ou coloque carteis sen autorización en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
paco ferreira despacho

-Gondomar quere erradicar as pintadas e cartelería en mobiliario público ou privado sen as respectivas autorizacións. Preocupa a imaxe e salubridade do concello. Un bando do alcalde socialista Paco Ferreira fai un chamado á conciencia social pero lembra que pódense aplicar multas coercitivas aos responsables.

Un bando con data 28 de xullo, e asinado polo alcalde socialista Francisco Ferreira constata que ao longo do municipio atópanse "numerosos carteis, anuncios, pintadas e outras accións sobre árbores, edificios" e outros elemento públicos e privados o que está a "prexudicar a imaxe pública de limpeza do noso territorio municipal".

Nese senso lembra a aquelas persoas que realicen "instalacións de carteis, anuncios, pintadas ou calquera acción sobre elementos públicos ou privados sen a previa autorización municipal ou comunicación previa correspondente" serán obxecto de un expediente de orde de retirada e limpeza dos mesmos, e de non facelo multas coercitivas que van dos 300 aos 6000 euros, "reiterables ata a execución do ordenado".

O alcalde sinala que á marxe das sancións "é importante que todos tomemos conciencia da importancia que ten a a limpeza e a orde pública" para a calidade de vida no concello.