#Gondomar pecha o campamento de verán que congregou a 100 cativos do concello.

Imprimir
gondoveran2015

-No campamento, que se desenvolveu durante o mes de xullo, participaron 100 menores de entre 3 e 12 anos.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a conceleira de Igualdade, Nuria Lameiro acompañados tamén da concelleria Iria Lamas, clausuraron esta mañá, no CEIP Chano Piñeiro, o Gondoverán, o campamento de lecer e tempo libre no que participaron 100 cativos de entre 3 e 12 anos, durante todo o mes de xullo. Nesta última xornada do Gondoverán celebrouse unha gran festa chea de xogos e diversión.


Esta iniciativa, posta en marcha pola Concellería de Igualdade a través do Centro de Información á Muller coa colaboración da Deputación de Pontevedra, tivo como obxectivo favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo, e potenciar o desenvolvemento integral dos nenos a través dunha programación que combinou os xogos con actividades creativas, culturais e coñecemento da contorna próxima, desde unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables; todo iso supervisado por monitores con formación en igualdade de oportunidades.

A concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro, manifestou a súa agradecemento á dirección do CEIP Chano Piñeiro, por brindar as súas instalacións para o desenvolvemento do campamento, así como á empresa encargada do Gondoverán.