Martes, 10 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Gondomar O novo goberno municipal de #Gondomar acelera a axenda do PXOM.

O novo goberno municipal de #Gondomar acelera a axenda do PXOM.

Correo-e Imprimir PDF
acordo manhufe

"A día de hoxe xa están solicitadas entrevistas coa Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar, cos responsables do equipo redactor do PXOM, e unha xuntanza concertada para o vindeiro luns cos representantes dos empresarios do Polígono Industrial da Pasaxe", sinala o novo responsable de urbanismo e 1º tenente de alcalde, Xosé Antonio Araújo.

Define A Pasaxe como o "importante pulmón industrial do concello e da comarca", onde, asegura, "segue habendo demanda de empresas para se instalar nel, pero para iso hai que proceder a súa total ordenación e legalización."


Advirte que o PXOM é unha necesidade que afecta transversalmete, "xa que lle afecta a toda a arquitectura municipal que vai dende a falla de normativa urbanística adaptada ás necesidades actuais do Concello, ata a merma de ingresos na facenda local, pasando pola necesidade de programar espazos de todo tipo, novos servizos, viario, etc.. Por iso entendemos que a necesidade dun Plan Xeral de Ordenación Municipal é vital para poder avanzar en todos os ámbitos de Gondomar e en consecuencia, e unha das prioridades do actual goberno na que xa estamos traballando para desbloquear esta situación. Temos claro que normalizar a situación urbanística de Gondomar equivale a normalizar a vida municipal e sobre todo a vida das persoas que aquí vivimos, polo que non imos escatimar esforzos".

Por iso explica que na liña dos compromisos adquiridos coa cidadanía polo novo goberno municipal, "a tramitación do novo PXOM de agora en diante será participada, tanto pola veciñanza a título individual coma polas organizacións veciñais, sociais, etc, que actúan ou teñan algo que ver con Gondomar".