Gondomar Concello Aberto inicia as primarias con 32 postulantes a integrar a candidatura municipal.

Imprimir
postulantes-g-c-a

Os 17 postos da candidatura que presentará Gondomar Concello Aberto sairán dun total de 32 postulantes, en votacións telemáticas que darán comezo este 1 de abril e de xeito presencial o vindeiro 7 de abril de 9 a 21 horas. Tamén se poderá votar por correo dende o día 1 de abril. A persoa máis votada nestas primarias encabezará esta candidatura na que conflúen Esquerda Unida, ANOVA e cidadáns independentes. Como única candidata á Entidade Menor de Morgadáns se postula Pura González Martínez, profesora de Ciencias Naturais e ecoloxista.

Dende o 1 ata o 6 de abril se abre unha campaña electoral interna na que os candidatos se darán a coñecer. Dos 32 postulantes, 20 son mulleres e un terzo deles está por baixo dos 30 anos de idade, segundo deu a coñecer a comisión electoral de Gondomar Concello Aberto. Todos eles, aseguran, "mulleres e homes de todas as parroquias e vencellados aos movementos sociais do noso concello".
Postulantes:
Elisa Suárez Amarelo, Peitieiros. Mestra,
Marila Suárez Amarelo, Peitieros. Mestra.
Pilar Taladriz Cobas, Couso. Sanidade.
Ana Valenzuela Amorín. Gondomar. Conservación Medio ambiente
Lydia Vázquez Carrera, Gondomar. Enxeñaria Tecnico Agricola.
Jimena Varela Rodríguez. Gondomar. Arquitecta.
Brais Veiro Suárez. Gondomar. Cociñeiro
Andrés Vicente Álvarez. Vincios. Economista.
Josué Villar Ballesteros. Mañufe. Politologo.
Nuria Andión Rodríguez. Peitieiros. Traductora e bibliotecaria.
Jesús Araújo Nores. Vilaza. Médico.
Jesús Bouza Rey. Gondomar. Psicologo e Licenciado en Ciencias do mar.
Montserrat Barciela Garrido. Donas. Mestra.
Margarita Cachaza Valeiro. Donas. Profesora.
Fita Carrera Rodríguez. Chaín. Florista.
Ángeles Ceballos Rivera. Donas. Mestra Educación Primaria..
X. Marcial Comesaña Figueiras. Vincios. Profesor de Secundaria.
Delvino Domínguez Magalhaes. Vilaza. Administración e finanzas.
Manuel Anxo Fortes Torres. Profesor de filosofía.
Catuxa García Lago. Couso. Mestra.
Irene Iglesias González. Mañufe. Producción Audiovisual.
Ramiro Iglesias Piñeyro. Peitieiros. Informático.
Olga López Alén. Gondomar. Emporesaria autómoma.
Borja Nande Domínguez. Mañufe. Producción audiovisual.
Beatriz Núñez Martínez. Gondomar. Licencia en Belas Artes e profesora.
Andrea Ojea Mateos. Donas. Psicóloga.
Tereixa Otero Dacosta. Vincios. Profesora.
Modesto Rial González. Vincios. Xubilado de Citroen.
Pauliño del Río Iglesias. Peitieiros. Avogado
Fátima Rodríguez Areal. Borreiros. Licenciada en Relacions Laborais
Rexina Rodríguez Vega. Profesora da Universidade de Vigo e escritora, premio Xerais de novela.
Como candidata á Entidade Menor de Morgadas se postula Pura González Martinez. Profesora de Ciencias naturais e ecoloxista.