A plataforma Gondomar Concello Aberto formaliza a súa legalización como partido instrumental cara as municipais.

Imprimir

acg-presentacion

Os trámites foron formalizados ante a Subdelegación de Goberno en Pontevedra onte luns. Ao mesmo tempo, a plataforma ten prevista a presentación de candidaturas para as primarias até o vindeiro 20 de marzo, e a celebración das votación o día xove 26 do corriente.

Onte luns, Pepe Paraños Pardo, veciño da parroquia de Donas, que foi catedrático de matemáticas e profesor asociado da Universidade de Santiago; Jimena Varela Rodríguez, do centro da vila de Gondomar, arquitecta e Carlos Vidal Vázquez, da parroquia de Gondomar e profesor de ensino secundario, formalizaron os trámites para a legalización e inscrición do partido Gondomar Concello Aberto na Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

acg-paulinho

 

Así quedara establecido na asemblea da formación celebrada o pasado venres 6 de marzo no Centro Neural de Gondomar. Instancia na que participaron máis dun cento de cidadáns que debateron e aprobaron os documentos constitutivos deste movemento. Votándose tamén as emendas presentadas aos documentos propostos, tanto as remitidas por escrito con anterioridade como as realizadas in situ. Aprobáronse por amplas maiorías o manifesto fundacional do movemento a prol dunha candidatura de unidade e os documentos de referencia como os seus Principios Programáticos, o Código Ético e o Regulamento de eleccións primarias.

Asemade constituíronse os diferentes grupos de traballo encargados da elaboración do programa electoral, comunicación e publicidade, asemblea e xurídico económico, anotándose xa nesa mesma asemblea máis trinta persoas, segundo a organización.

A formación está integrada por militantes de Esquerda Unida, Podemos, ANOVA, e cidadáns independentes, ademais de dous actuais concelleiros nacionalistas non adscritos, Emilio García Crego e Pauliño del Río.Â