Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar: Cinco detidos “in fraganti” cando intentaban furtar vigas dunha finca.

Gondomar: Cinco detidos “in fraganti” cando intentaban furtar vigas dunha finca.

Correo-e Imprimir PDF
policia-gondomar

Nunha operación conxunta da Garda Civil e a Policía Local de Gondomar, foron detidos cinco individuos como presuntos autores dun delito de furto de vigas de ferro no interior dunha finca. Segundo o parte das autoridades, estas persoas se encontraban no interior dunha finca do municipio cunha furgoneta marca MERCEDES BENZ en cuxo interior había once vigas de ferro duns 2 metros de lonxitude por 0'25 de ancho. Atoparon tamén diverso material utilizado para o corte das mesmas como: soprete, soldador, dos bombonas, unha de gas butano e outra de gas acetileno, comprobándose seguidamente que as vigas procedían do material depositado na finca.


Os individuos non puideron acreditar a propiedade ou permiso do titular da finca cando lles fora requirido polos axentes; polo cal procedeuse á detención e lle foron incautados o vehículo e as ferramentas utilizadas. As vigas atópanse depositadas a disposición da xustiza.
Segundo o informado, entre os detidos hai tres veciños do Porriño, un de Vigo e outro de Pontevedra, todos eles con antecedentes policiais. Os que finalmente quedaron en liberdade coa obrigación de se presentar ante o xulgado Nº 3 de Vigo cando sexan requiridos.