A modelo e presentadora de TV Silvia Jato será a pregoeira no Entroido de Gondomar.

Imprimir
silvia jato

Así informa o díptico difundido dende a concellaría de Festexos de Gondomar co programa de actividades cara o Entroido 2015. Silvia Jato terá a cargo o pregón que dará inicio ao desfile central pola vila condal o vindeiro domingo 15 de febreiro e estará acompañda polo trío Azar que amenizará a velada. Nese senso, o Concello ten abertas as inscricións para as comparsas que desexen participar no desfile que dará comezo ás 16 horas

.Permanece aberto o prazo de inscrición para o concurso-desfile de comparsas do Entroido 2015 en Gondomar
Aquelas comparsas que queiran participar no desfile deberán inscribirse de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas e sábados de 9.00 a 13.00 no Rexistro do Concello de Gondomar. O prazo de inscrición rematará o venres 31 de xaneiro ás 13.00 horasCada comparsa, rexistradas ou informais, deberá estar composta dun mínimo de 20 persoas adultas e terá que presentar a seguinte documentación:AGRUPACIÓNS REXISTRADAS:
. Estar rexistrada como asociación no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia
. Copia do DNI do representante legal da entidade e CIF da propia entidade.
. Unha declaración xurada de non perseguir coa actividade finalidade lucrativa ningunha.
. Certificación de encontrarse ao corrente das as súas obrigas fiscais e coa seguridade social.
. Certificado orixinal do código de Conta Cliente da entidade Bancaria
AGRUPACIÓNS INFORMAIS:
. Un certificado orixinal do código de Conta Cliente da entidade Bancaria
. Copia do DNI do representante
. Folla de firmas cuberta e completa segundo anexoPara as comparsas máis orixinais haberá premios:
.700 euros 1º clasificada
. 600 euros 2º clasificada
. 500 euros 3º clasificada
. 400 euros 12 axudas para as restantes comparsas participantesHaberá tamén un premio especial para a mellor carroza das comparsas presentadas cun importe de 300 €.
No caso de que o número de comparsas pre-inscritas supere o límite de
participación (15 comparsas) a Consellaría de Festexos resérvase o dereito de selección final das comparsas participantes.