Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Entidades veciñais de Gondomar procuran reactivar un espazo de defensa común.

Entidades veciñais de Gondomar procuran reactivar un espazo de defensa común.

Correo-e Imprimir PDF
gondomar-praza-rosalia

O problema do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Gondomar será un dos principais motores para reactivar a Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar. Un espazo constituído en 2007 co fin de facer unha fronte común ante os problemas que podían afectar a cada un dos seus membros. Será este venres 12 de decembro no Centro Cultural de Chaín a partir das 20 horas.

Desconvocada nos últimos anos, daquela estaba integrada por comunidades de montes, de traídas de augas, centros culturais e veciñais, que chegaron a establecer estatutos legais e unha comisión directiva.
Mais a chegada ao goberno municipal do BNG ese mesmo ano, presidida polo entón alcalde Antonio Araúxo "cambiou as formas de participación dos colectivos sociais na vida municipal facéndoa máis doada", segundo explica Alfredo López (CM de Peitieiros) un dos convocantes á reunión deste venres.
Engade que a creación do Foro Social e outras iniciativas "mellorou a relación co Concello" nesa etapa de goberno do BNG. "Mais despois pasou o que pasou", sinala en relación coa moción de censura a Araúxo en 2009, e agora, "desde diversos colectivos plantexouse a necesidade de reactivala", sinala.
Nese senso xunto con Alberto Covelo (CM de Vincios) comezaron a contactar con outros colectivos e abriron a convocatoria a partidos políticos e todo grupo veciñal que desexe formar parte da reactivación da coordinadora.
Entenden que hai moito espazo para traballar. Dende catalogar recursos que obran nos distintos colectivos e que poden compartirse para beneficio común, así como "pulsar" a forma en que se están a procesar problemáticas municipais con afectación xeral como é o caso do PXOM.