Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Comezaron as obras de ampliación de beirarrúas e novos aparcadoiros nas inmediacións do CDL de Gondomar.

Comezaron as obras de ampliación de beirarrúas e novos aparcadoiros nas inmediacións do CDL de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
obras-aparcadoiros-cdl

O Concello de Gondomar inicia as obras do novo aparcadoiro que se situará nas inmediacións do Centro de Desenvolvemento Local (escolas vellas) grazas a unha subvención concedida pola Deputación provincial de 229.000 euros que permitirá á súa vez a urbanización e ampliación das beirarrúas da rúa Diego Sarmiento de Acuña.
O goberno municipal sinala que "cumpre así cun dos puntos incluídos no seu programa electoral" e que permitirá reordenar o tráfico no centro urbano "e favorecer a futura humanización do municipio ao fomentar o tránsito peonil polo casco urbano".


Engaden dende a administración local que unha parte da subvención outorgada pola Deputación de Pontevedra destinarase á súa vez á canalización da rede de media tensión situada na zona deportiva de As Cercas que na actualidade atópase aérea.