Sobre as 15 horas deste luns un turismo que iniciaba a circunvalación da rotonda de entrada a Gondomar foi impactado de atrás por outro que circulaba na mesma dirección Ramallosa - Gondomar.
Actualización: Tralas primeiras informacións púidose saber que o accidente na rúa Elduayen en Gondomar involucrou a tres turismos. O condutor dun Seat Ibiza perdeu o control do coche por causas descoñecidas dando por detrás a un Renault Laguna e posteriormente a un Peugeot 306 a quen desprazou unha ducia de metros.
Os tres condutores involucrados recibiron feridas leves que obrigaron ao seu traslado a un centro sanitario de Vigo.
A falla de distancia, un desmaio ou unha posible distracción do condutor do vehículo que impactou serían as causas do choque múltiple segundo testemuñas do accidente.. O servizo de ambulancias 061 debeu trasladar aos condutores para seren asistido nun centro sanitario. De momento non hai comunicación oficial do incidente aínda que foi confirmada polas testemuñas a presenza no lugar da Policía Local de Gondomar, a Garda Civil e o devandito servizo de ambulancias.