Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar acomete a limpeza de pasamáns e pontes afectadas polo musgo.

Gondomar acomete a limpeza de pasamáns e pontes afectadas polo musgo.

Correo-e Imprimir PDF
pasamans-limpeza

A humidade que está a encher de musgo os pasamáns e pontes de madeira da vila están a ser obxecto de limpeza por parte do Concello de Gondomar. Así o anuncia a concellaría de Vías e Obras que sinala que por mor destes traballo paralizou momentaneamente as obras de acondicionamento de marquesiñas que desenvolveu nas últimas semanas.
Engaden dende a administración local que esta semana finalizará a limpeza de parques infantís, entre eles o do Campo da Feira, "xa que, a pesar do tratamento aplicado á madeira no verán, as condicións climatolóxicas características desta época do ano provocan a aparición de verdín".