Unha subvención provincial permitirá o arranxo do tellado da escola unitaria de Peitieiros.

Imprimir
CRA-Peitieiros

Así o informou o alcalde Fernaqndo Guitián e a concelleira responsable de Educación, Paula Bouzós Barros á ANPA do CRA Antía Cal de Peitieiros. A axuda será por un total de 38 mil euros cuxa adxudicación "será inminente" segundo a concelleira. A súa vez, a ANPA solicitou ao Concello de Gondomar o acondicionamento do patio de area do centro, sobre o cal a administración comprometeuse a executar en breve.