O BNG convoca unha asemblea aberta para debater programas e candidaturas para as municipais en Gondomar.

Imprimir
bng gondomar

O BNG convoca a unha asemblea aberta en Gondomar dentro do proceso Construíndo futuro. Co horizonte das vindeiras eleccións municipais de maio de 2015, a reunión centrarase en aspectos relacionados con esa cita electoral. Segundo informa a agrupación na reunión se traballará na achega de propostas programáticas, propostas de criterios e nomes para a conformación da candidatura e deseño de campaña. Será na Casa da Cultura de Gondomar este xoves 13 de novembro ás 20:15 horas. A reunión é aberta aos colectivos socias e veciños de Gondomar.