Vincios e Morgadáns acollerán asembleas abertas do grupo municipal nacionalista de Gondomar.

Imprimir

O sábado ás 20:30 horas no Centro Cultural de Vincios e ao día seguinte ás 12 nas escolas de Guillufe (Morgadáns), os concelleiros nacionalistas Antonio Araúxo e Pauliño del Río falarán cos veciños sobre diversos temas de actualidade na vida municipal de Gondomar. En Vincios contarán coa participación da tamén edil Maria Luisa Varela e o domingo con Xaime Luxilde, membro nacionalista da Xunta Veciñal da Entidade Local de Morgadáns.