Mércores, 11 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Gondomar Mentres o goberno lanza bonificacións a oposición rexeitará no pleno o cobro da taxa do lixo de 2013.

Mentres o goberno lanza bonificacións a oposición rexeitará no pleno o cobro da taxa do lixo de 2013.

Correo-e Imprimir PDF
colectores-lixo-gondomar

O Concello de Gondomar abriu este mércores e ata o 31 de outubro o prazo para acceder a bonificacións no pagamento da taxa para persoas con ingresos inferiores a 532 euros ou grupos familiares que non superen o triplo desa cantidade. A todo isto os nacionalistas ten presentada unha moción que debaterá o pleno deste xoves que  promove a suspensión do cobro retroactivo desta taxa correspondente a 2013 no vindeiro mes de decembro. Medida que contaría co apoio do PSOE e e tamén o non adscrito Eladio Costas segundo puido saber VM.info.

A partir das 20 horas deste xoves, goberno e oposición debaterán tamén unha serie de modificacións ao contrato orixinal de cesión da xestión dos residuos municipais á Deputación de Pontevedra. Aprobado non sen polémica o pasado mes de febreiro, a deputación formulou unha serie de modificacións durante o verán que obriga aos concellos asinantes a ratificalas.

A todo isto os nacionalistas esixirán resposta a unha alegación presentada durante a exposición pública da cesión. A mesma está baseada nos informes contrarios á cesión da xestión dos residuos , formulados polos técnicos municipais que podería chegar a rachar coa mesma.

O goberno quere cobrar e abre o prazo para obter bonificacións no pagamento da taxa.

 Neste contexto, o  Concello de Gondomar informa que, segundo o acordo aprobado en pleno a data 08/11/2012 sobre a Ordenanza fiscal reguladora da Taxa de recollida de lixo, quedarán exentos deste pagamento aqueles cuxos ingresos sexan inferiores ao indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) de 532 euros.

 Así mesmo, terán dereito a bonificación do 50% da cota, respecto á súa vivenda actual, aquelas persoas que no momento da solicitude teñan uns ingresos anuais, incrementados cos das persoas empadroadas na mesma vivenda, non superiores á cantidade resultante de multiplicar por 1,3 o IPREM durante o ano natural anterior a aquel ao que se vén a producir efecto.

Nese senso  considéranse ingresos anuais os rendementos íntegros do traballo e do capital mobiliario e inmobiliario, así como os rendementos de actividades económicas aos que se refiren os artigos 17,25, 22 e 27 da Lei 35/2006 do 28 de novembro, do IRPF e da modificación parcial das Leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de Non Residentes e sobre o Patrimonio.

Prazo e documentación

Para ter dereito a esta bonificación deberase solicitar a partir de hoxe e ata o 31 de decembro de cada ano, xunto coa documentación acreditativa do cumprimento das condicións para o seu outorgamento, e no caso de resultar considerada, producirán efectos para o exercicio seguinte a aquel no que  fosen formuladas.

A solicitude deberá presentarse na oficina do ORAL de Gondomar acompañada dos seguintes documentos:

-Fotocopia compulsada da declaración da renda do exercicio inmediato anterior ou, no seu defecto, certificación negativa da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria correspondente aos integrantes da unidade familiar.

-Certificación catastral dos inmobles da súa propiedade.