Para evitar rebaixas nos soldos de goberno, postérganse por segunda vez os orzamentos de Gondomar.

Imprimir
casa-concello-gondomar


Figuraban na orde do día do pleno do pasado xoves, e cando toucou debater os mesmos, o concelleiro nacionalista non adscrito, Pauliño del Río, volveu presentar unha enmenda para
rebaixar á metade os soldos dos 6 concelleiros de goberno con dedicación exclusiva. Inmediatamente o alcalde Fernando Guitián (PP) sinalou que a devandita enmenda debía contar cun informe dos técnicos municipais pola súa repercusión xurídica e económica. Polo que ao igual que na sesión de xullo, o proxecto quedou enriba da mesa.
"De aprobarse a enmenda quedarían aprobados os orzamentos coa rebaixa inmediata ao 50% das dedicacións do goberno", explicou o edil nacionalista Antonio Araújo. "Unha vez máis volveu quedar claro cales son as prioridades do goberno", salientaba logo da sesión.


Consultado o portavoz socialista, Paco Ferreira, opinou en termos similares, "o goberno sabe que de ir a votación a enmenda contará con todos os votos da oposición e se verán obrigados a rebaixar as súas retribucións". Entende que o bipartito (PP-CDL) debería dedicarse a preparar os orzamentos 2015, que son os que realmente agora importan para o futuro próximo da administración local.
Aprobación das contas municipais
Por outra banda, o pleno aprobou as contas xerais presentadas polo oficialismo. O puido facer grazas a que os 5 concelleiros nacionalistas non adscritos decidiron absterse na votación. Nese senso, Araújo fundamentou a decisión do seu grupo no feito que trátase dun documento contable que vén a recoñecer "o despelote" orzamentario no que ten sumido ao Concello, e "como gastan os cartos públicos o goberno" en minoría de Fernando Guitián.