Sábado, 5 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Está a exposición pública o censo municipal que regulará o pago da taxa do lixo en Gondomar.

Está a exposición pública o censo municipal que regulará o pago da taxa do lixo en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
lixo-gondomar-conde

A Deputación de Pontevedra entregou o novo padrón que estipulará o que cada veciño de Gondomar deberá pagar por concepto da taxa do lixo. A medida forma parte do proceso de recuperación da mesma que o bipartito PP-CDL emprendeu en 2012 tras trece anos sen cobrala, cando o ex alcalde Carlos Silva a eliminara. Entre os días 12 de xuño ao 13 de setembro estará a exposición pública. O horario será de mañá, de luns a venres, de 8.30 a 14.30 horas e pola tarde, os martes e xoves, de 15.30 a 18.30 horas no Centro Neural para que cada interesado poda realizar as consultas ou reclamacións pertinentes.

Unha vez expirado o prazo de exposición pública e rematado o proceso de aprobación do padrón, o mesmo será a base de cotización da taxa do lixo. Taxa que ata o 2016 será valorada e cobrada polo Concello de Gondomar. Posteriormente e tras a delegación da xestión da recollida de lixo a SOSGAMA, votada en febreiro pasado, a Deputación será a encargada de emitir a ordenanza fiscal ca regula.
O servizo de xestión tributaria da Deputación de Pontevedra (ORAL) é a encargada da elaboración do novo padrón. O fai a través dun contrato que tercerizou o labor na empresa Asesoramento Tributario Local SL. (Pontevedra) por un importe de 46.802 euros