Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Nacionalistas pedirán ao pleno de Gondomar instar á Xunta e á FEGAMP recorrer a nova Lei de Telecomunicacións.

Nacionalistas pedirán ao pleno de Gondomar instar á Xunta e á FEGAMP recorrer a nova Lei de Telecomunicacións.

Correo-e Imprimir PDF
antenas telecomunicacion

O grupo nacionalista presentará unha moción no vindeiro pleno do 5 de xuño para que o Concello de Gondomar inste á Xunta de Galicia e á FEGAMP a que recorran por inconstitucional a Lei de Telecomunicacións aprobada recentemente polo Goberno do Estado. O concelleiro nacionalista Antonio Araújo, fundamenta a iniciativa no feito de que ademais de ser "unha gravísima intromisión nas competencias autonómicas e na autonomía municipais, permite instalar e expropiar, se for o caso, unha terraza particular dunha casa ou edificio para instalar unha antena".

Outros temas que integran a orden do día prevista para o pleno do vindeiro xoves son a aprobación definitiva das ordenanzas fiscais, a aprobación do plan económico financeiro 2014-2015, e unha proposta da alcaldía para autorizar unha aprobación extraxudicial de crédito para o pago de facturas atrasadas por importe de máis 100.000€ .