Sábado, 5 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Concello de Gondomar anuncia unha redución nun 75% do canon da auga e de vertedura.

O Concello de Gondomar anuncia unha redución nun 75% do canon da auga e de vertedura.

Correo-e Imprimir PDF
praza abasto

O Concello de Gondomar reduciu, nun 75%, o canon da auga e de vertedura aboada á Xunta de Galicia. Así o anunciou o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Juan Carlos González Camesella, quen afirma que esta redución é o froito da revisión e reparación das subministracións municipais. "Só o cambio das instalacións de fontanaría da Praza de Abastos permitiu o aforro duns 4000 € anuais en concepto de canon; contado con que a obra realizada no 2012 custou uns 9000 €, a día de hoxe xa foi amortizada", explica o edil.

Segundo datos aportados polo Concello de Gondomar, por ano, os importes foron:
2009 11.400€
2010 9.659€
2011 10.270€
2012 4.900€
2013 2.700€
A administración sinala que continuará co "importante labor da optimización das subministracións municipais". Á vez lembra que no ano 2013 tamén se reduciu a facturación eléctrica nun 20%.