#Gondomar EU inicia unha campaña de visibilización e información da diversidade sexual no eido rural.

Imprimir
Depositphotos 24877393 xs

Baixo o lema “Na túa vila tamén se entende, faite ver”, a agrupación local de Esquerda Unida inicia unha campaña a prol da visibilización e respecto pola diversidade sexual no concello de Gondomar. A primeira actividade terá lugar este venres 14 de marzo ás 20 horas no Centro Neural da vila e contará coa presenza da sindicalista e activista trans Laura Bugalho.

Segundo EU, as persoas gais, lesbianas, bisexuais, trans e intersexuais “se atopan máis reprimidas e perseguidas” no mundo rural. Aseguran que “nun contexto no que a sociedade está a sufrir un ataque constante aos seus dereitos”, estes colectivos que agrupan nas siglas LGTBI, “está comezando a retroceder nas conquistas acadadas até agora”.

Nese senso, a campaña “Na túa vila tamén se entende”, non só se busca a visibilización no campo de Galicia, “senón que ademais trátase de concienciar e informar ás persoas, tanto LGTBI como ao resto, de temáticas das que até agora a penas dispoñían de información neste contexto”.