Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar #Gondomar aproba un plan de actuación para dotar espazos con acceso libre a Internet e ordenadores.

#Gondomar aproba un plan de actuación para dotar espazos con acceso libre a Internet e ordenadores.

Correo-e Imprimir PDF

-A iniciativa de ANOVA o pleno de Gondomar aprobou por unanimidade un acordo que pretende combater a "pobreza enerxética", dotando espazos públicos estratéxicos con acceso gratuíto a Internet e ferramentas informáticas. A iniciativa oriéntase fundamentalmente a facilitar as mesmas a estudantes do concello.

Na súa exposición, o concelleiro Emilio García Crego (ANOVA), sinalou que orixinariamente o concepto de "Pobreza Enerxética" refería "incapacidade (para un fogar) de obter una cantidade axeitada de servizos da enerxía polo 10% da renda dispoñible". Coa tarifa eléctrica "descontrolada dende que comezou o sistema de subasta," os efectos da pobreza enerxética xa alcanzan a máis do 10% da poboación do Estado Español, sinalou o edil. Un problema incrementado nos últimos anos e que afecta a milleiros de persoas que se ven incapacitadas para pagar o recibo da luz ou a factura enerxética en xeral.
Nese senso e tendo por obxectivo a mocidade de Gondomar, estableceuse a necesidade de que a administración local coordine coa comunidade educativa "a elaboración dun plan de actuación para que nas bibliotecas públicas e dos centros escolares, no Centro Neural, e incluso onde for posible nos propios Centros Culturais e Veciñais das parroquias, se habiliten espazos con todo o necesario para que o alumnado de Gondomar poida acceder libre e gratuitamente ás ferramentas informáticas: internet, ordenadores, impresoras, etc, para que os seus estudos non se vexan prexudicados por mor da pobreza enerxética antes explicada".