Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Denuncian o silencio informativo da TVG no caso da imputación do alcalde de Gondomar

Denuncian o silencio informativo da TVG no caso da imputación do alcalde de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián

O blog do Comité de Empresa da Televisión de Galicia, onde dende fai meses fan públicos os casos de manipulación informativa, sinalan que o caso de Gondomar foi silenciado nos informativos da canle pública.

O pasado xoves 13 de febreiro os traballadores denunciaban a nula cobertura informativa da TVG en relación ao caso da imputación interposta pola Fiscalía contra o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián (PP) por un presunto delito de prevaricación administrativa en relación á adxudicación do servizo de conservación de zonas verdes do concello á empresa Jarma S.L.,  sen concurso público previo. A empresa pertencería ao fillo do vogal da xestora do PP local.

Ningún informativo da TVG ofreceu cobertura da noticia de ahí o motivo da súa denuncia.

A cúpula pontevedresa do Partido Popular, o propio alcalde de Gondomar e os seus socios de goberno do partido CDL, manteñen silencio até o momento.

Eunonmanipulo

O blog foi creado polo Comité de Empresa da Televisión de Galicia para denunciar a MANIPULACIÓN INFORMATIVA que sofre a canle pública e para demandar a creación do ESTATUTO PROFESIONAL que establece o artigo 36 da Lei 9/2011 de 9 de novembro dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, que contempla a creación dun CONSELLO DE INFORMATIVOS para a Corporación RTVG.

http://eunonmanipulo.wordpress.com/