Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A Policía Nacional detén un presunto narcotraficante en Gondomar.

A Policía Nacional detén un presunto narcotraficante en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

-A intervención, segundo explica a Policía Nacional, formou parte dun operativo para desarticular unha banda de narcotraficantes que vendía grandes cantidades de estupefacientes en Galicia.

-A actuación desenvolvida esta semana, permitiu aos axentes capturar a outras nove persoas que formaban parte da banda nos concellos de Meaño, O Grove e Monforte de Lemos.

-Os axentes incautaron diversas cantidades de MDMA, cocaína, marihuana, hachís e heroína, ademais de sustancias de corte, útiles para a súa manipulación, así como bens por valor de máis de 120 mil euros.

Segunda da conta a Policía Nacional, os seus axentes  desarticularon unha banda de narcotraficantes que vendía varios tipos de sustancias ilegais en Galicia. En total foron arrestadas 15 persoas, cinco delas o pasado decembro na primeira fase da operación, as cales formaban parte da cúpula da organización. Esta mesma semana foron detidas outras 10 persoas nas localidades de Meaño, O Grove, Gondomar e Monforte de Lemos. Os axentes incautaron diversas cantidades de MDMA, cocaína, marihuana, hachís e heroína, ademais de sustancias de corte e útiles necesarios para a súa manipulación e bens por valor de máis de 120.000 euros.

Incautados bens valorados en 120.000 euros

A operación comezou cando os investigadores tiveron coñecemento de que un grupo de persoas, asentados na comarca do Salnés, estaba abastecendo de distintos estupefacientes a persoas residentes en varios puntos da xeografía galega. Segundo o reporte policial, coas primeiras pescudas os investigadores localizaron á cúpula da organización e o pasado mes de decembro detiveron aos cinco líderes do grupo. Naquela ocasión lles incautaron 905 gramos de heroína, 7,5 gramos de cocaína, 250 gramos de hachís, diñeiro en efectivo e bens por valor de máis de 120.000 euros, así como un arma de lume real co seu correspondente munición. Tres dos detidos ingresaron en prisión preventiva.

10 detidos máis, un deles en Gondomar.

Nunha segunda fase realizada durante os pasados días 4 e 5 de febreiro, os axentes detiveron a outras dez persoas de idades comprendidas entre 22 e 52 anos, que ocupaban postos de menor responsabilidade dentro do grupo. Estes arrestos leváronse a cabo en Meaño, O Grove, Gondomar e Monforte de Lemos, ademais practicáronse cinco rexistros domiciliarios nos que se ha incautado de 480 gramos de MDMA -1920 doses-,13 gramos de cocaína, 2400 gramos de marihuana, 80 gramos de hachís, 400 gramos de sustancia para o corte de sustancias estupefacientes, oito básculas de precisión e dúas envasadoras e 2700 euros en efectivo.

Das dez persoas detidas nesta segunda fase, cinco foron postas en liberdade coa obrigación de comparecer ante a autoridade xudicial cando para iso sexan requiridos, e os outros cinco foron postos a disposición do Xulgado de Instrución I de Lugo.

A operación foi levada a cabo conxuntamente polo Grupo de Tráfico Medio de Estupefacientes da Comisaría de Pontevedra, o Grupo de Estupefacientes da Comisaría de Lugo, co apoio da Unidade de Prevención e Reacción con sé en Vigo.