Gondomar acolle un curso de fotografia dirixido á muller

Imprimir
O centro de información á muller de Gondomar ten previsto desenvolver un curso de iniciación á fotografia que se impartirá no Centro de Desenvolvemento Local. Esta actividade é gratuita, conta con unha duración de 40 horas e comezará o día 18 de outubro e finalizará o dia 29. Ao finalizar, as participantes recibirán un certificado acreditativo. As persoas interesadas en participar neste curso deberán acudir á Casa da Cultura de Gondomar de 9 a 14.30 horas, ou ben chamar ao teléfono 986 38 93 55.