Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Veciños afectados por inundación e posterior derrame de combustible no garaxe dun edificio de Gondomar.

Veciños afectados por inundación e posterior derrame de combustible no garaxe dun edificio de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
casa-aquilino

Un intenso cheiro a gasóleo afecta a zona localizada na Avenida Elduayen á altura do cruce con Curros Enríquez e Campo da Feira, trala inundación e posterior derrame de combustible nos garaxes do edificio Casa Aquilino. Segundo puido saber Valminor.info, varios veciños deberon abandonar os seu fogares ante a intensidade dos fluídos, ademais do corte no subministro de calefacción, auga quente e o servizo de ascensores para permitir os traballos de limpeza.


As familias foron informadas que debido ás intensas choivas, o martes pasado os garaxes inundáronse producíndose á vez unha avaría nas bombas de achique. Por razóns aínda descoñecidas, a auga mesturouse co combustible dos depósitos da calefacción espallando un intenso cheiro na urbanización. Por riba, a inundación chegou aos trasteiros provocando en moitos casos a perda total dos efectos depositados polos residentes. Os efectos do sinistro tamén afectaron aos locais comerciais situados nos baixos do edificio, obrigando nalgún caso o peche dos mesmos.
As labores de limpeza deberon esperar á substitución das bombas avariadas, así como a chegada nesta xornada de operarios dunha empresa de control de residuos ante a presenza de combustible. Un tanque cisterna traballou ao longo do día no achique e evacuación dos líquidos. Aínda iso, ata esta noite os veciños seguían sen os servizos cortados á espera do retiro total dos residuos así como a evacuación dos gases producidos tralo derrame.