Témese polos danos do lume ao petróglifo de círculos concéntricos máis grande de Europa

Imprimir
Petróglifo de As Portaxes, no monte Tetón - Imaxe: IEM

Hoxe pola mañán os compañeiros de GondomarTV tentaron sen éxito, acceder á zona do ecoparque arqueolóxico do Monte Tetón, en Tomiño.

O chan da zona seguía ardendo polo subsolo, e as brigadas e o helicóptero traballaban desde primeiras horas para enfríar o chan e impedir novos rebrotes pola acción do vento.

Logo de non ter que lamentar danos persoais nen afeccións a ningunha casa, a preocupación céntrase nos petróglifos do Monte Tetón, en concreto os de "As Portaxes" que garda entre outros o gravado rupestre de círculos concéntricos máis grande de Europa. 

A termoclastia, o inimigo natural da arte rupestre.
Este fenómeno de meteorización consiste na fisura das capas máis superficiais da rochas por consecuencia de diferencias bruscas de temperatura. O lume quence as rochas o que provoca unha dilatación da superficie, logo do paso do lume esas rochas volven a enfríar facendo o efecto contrario de contracción, provocando a rotura e o desprendemento das capas superficiais da rocha, precisamente as que conservan o volume dos grabados rupestres.

Haberá que agardar ao enfriamento do chan para que os expertos poidan acudir até a zona e valorar a acción deste lume, que a todas luces foi provocado.