Catro membros da plataforma "Merda fóra de Gondomar" sostiveron una xuntanza coa deputada Eva Solla (AGE) para informar á representante da preocupación veciñal pola construción do tanque de tormentas fronte á urbanización As Garzas. Na mesma, integrantes de Esquerda Unida e EQUO, tamén achegaron ao colectivo o seu rexeitamento a esta construción nomeadamente polo que definiron como "opacidade informativa" por parte da Xunta de Galicia e o Concello de Gondomar.
Durante a reunión mantida o pasado venres, Borja Nande (EU Gondomar), Oscar Milego (EQUO Val Miñor) e Adrián Pinacho (EU Vigo), manifestaron ao colectivo a vontade política destas agrupacións para convocar a toda a cidadanía para participar nas protestas organizadas pola plataforma.