Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Instalan trampas en Gondomar para controlar a praga do Picudo Vermello que afecta ás palmeiras.

Instalan trampas en Gondomar para controlar a praga do Picudo Vermello que afecta ás palmeiras.

Correo-e Imprimir PDF
Trampas-picudo

- A Consellería de Medio Rural e o Concello de Gondomar instalan trampas en diversos puntos do termo municipal para o control da praga

O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos González Camesella informa que o obxectivo é realizar capturas masivas deste insecto co fin de evitar a súa dispersión e poder erradicar a praga. Por outra parte, a concellería pretende que estas trampas permitirán detectar a presenza do Picudo en zonas nas que aínda non fose detectado.

González engade que a medida súmase ás xa adoptadas no municipio entre as que se encontran "a aplicación de tratamentos preventivos e reparadores en exemplares sospeitosos e a tala de exemplares irrecuperables".

Nesta campaña contra o Picudo, o Concello leva desenvolvida unha xornada formativa e dúas charlas divulgativas "nas que se logrou incrementar o número de persoas involucradas no plan de erradicación", sinala o concelleiro. Nese senso, Juan Carlos González Camesella, asegura que "o Concello colaborará en todo o posible para minimizar as molestias ocasionadas aos veciños cuxas palmeiras se vexan afectadas por este mal".