ANOVA solicita un pleno extraordinario para darlle voz aos afectados polas preferentes en Gondomar.

Imprimir
chourizada preferente

Ata o vindeiro venres 15 de marzo o Concello de Gondomar terá prazo para dar lugar a un pleno extraordinario e de carácter monográfico relativo á problemática das preferentes. O mesmo fora convocado formalmente a semana pasada polos cinco concelleiros nacionalistas (non adscritos) a través dun escrito. A solicitude tamén inclúe que sexa un representante dos aforristas estafados a que expoña á "Corporación Municipal e á cidadanía en xeral de primeira man a problemática que están a padecer". ANOVA, ao igual que a Plataforma de afectados estima nun número próximo a 400 os veciños de Gondomar que foron obxecto da estafa das caixas .

 

Os nacionalistas sostén que cando o "Goberno do Estado xa ten decidido as quitas e a compensación a través do Fondo de Garantías, faise máis necesario que nunca o apoio dos concellos a estas persoas". Por iso, os edís agrupados actualmente en ANOVA, proporán ao pleno –entre outras medidas- "declarar entidades non gratas a todas aquelas entidades financeiras que no nosos concello comercializaron preferentes e subordinadas".