Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A empresa redactora do PXOM de Gondomar recibe as achegas formuladas pola oposición.

A empresa redactora do PXOM de Gondomar recibe as achegas formuladas pola oposición.

Correo-e Imprimir PDF
VISTA AREA_DE_GONDOMAR

A empresa EPTISA recibiu de parte do Concello as propostas e achegas formuladas durante a rolda de consultas mantidas polo alcalde Fernando Guitián cos grupos da oposición. O concelleiro de Urbanismo, Carlos Lameiro, afirma que os técnicos "reaccionaron positivamente ante as propostas, aínda que hai que esperar para coñecer o resultado final". Nos vindeiros días, os técnicos redactores estudarán as iniciativas achegadas para determinar "cales delas poden ser trasladadas ao documento final, e cales, pola contra, se verán fóra do proxecto", sinalan dende o Concello.

 

A entrega da documentación tivo lugar o pasado xoves, cando reuníronse no Concello de Gondomar, o alcalde do municipio, Fernando Guitián, o concelleiro de Urbanismo, Carlos Lameiro e dous técnicos de EPTISA.

Desde o Concello comunícase que en breve se manterá unha reunión con todos os partidos políticos da corporación municipal xunto coa empresa redactora EPTISA para informar da situación do plan logo de ser revisado polo equipo técnico.